sábado, 27 de abril de 2013

VISITANDO CABO UDRA

 

O pasado mércores 24 de abril tivemos unha saída, fomos visitar Cabo Udra. Ao chegar alí recibíronnos os nosos guías, Anxo e Miguel. Dividímonos en dous grupos, os nenos e nenas de 3º estiveron con Anxo e os de 4º con Miguel. Ambos grupos estivemos marabillados con todas as curiosidades que nos explicaban. A Miguel encantáballe coller pequenos animais que aproveitaba para explicarnos algunha característica. Colleu un sapiño, un tritón... ademais de falarnos da extensa e variada vexetación de Cabo Udra.

Disfrutamos do entorno merendando ao lado da Aula da Natureza, despois visitamos o centro e realizamos unha sinxela actividade sobre todo o que aprendimos.

Unha vez rematada a visita guiada, puidemos disfrutar media hora de xogo libre, xogamos coa corda, co balón, tirámonos na herba...pasámolo xenial! 

Por suposto, non nos podemos esquecer da aventura de saltar os charcos, o monte é así, e mancharnos forma parte do seu encanto.  ;)

Moitas grazas Anxo e Miguel por compartir con nós ese día.  Ata outra amigos! 


 

domingo, 21 de abril de 2013

ALICE IN WONDERLAND

Estase xa a convertir nun clásico que o alumnado do CEIP PLURILINGÜE A PEDRA acuda cada ano a ver unha obra de teatro en inglés, e este non podía ser menos. O pasado mércores, 17 de abril os nenos e nenas do 2º  e 3º ciclo volveron ao auditorio de Os Salesianos de Vigo para  ver "Alice in Wonderland". 
Foi unha xornada divertida na que os nenos e nenas puideron comprobar os avances na apredizaxe desta lingua estranxeira que tanta presenza ten no noso centro plurilingüe.
Despois de presenciar a obra puideron facerlle preguntas aos actores. O alumnado do  centro participou no diálogo activamente.


ALMORZOS SAUDABLES

A semana previa ás vacacións de Pascua foron as escollidas polo colexio para levar a cabo os ALMORZOS SAUDABLES para todos o alumnado de primaria. Aos nenos e nenas do 2º ciclo tocounos o luns e o xoves. 
- Na primeira xornada puidemos saborear un ALMORZO MEDITERRÁNEO composto por froita, leite con cacao e tostada de pan con aceite de oliva,  xamón serrano e tomate.
- Na segunda xornada probamos un ALMORZO INGLÉS,  no que destacou o revolto de ovos con xamón cocido. leite con cacao e froita.
Aproveitouse a ocasión para lembrar a importancia dunha alimentación equilibrada na que todos os nutrientes teñen que ter cabida na súa xusta medida.
Polo xeral os resultados foron positivos, a maioría dos nenos comeron todo o que se lles propuso. Pero ... sempre hai excepcións!! e a algúns e algunhas lles costou máis probar novos sabores.
Agradacemento ás nais que tiveron a ben vir botar unha man pois serville a cerca de 80 nenos e nenas non foi tarefa doada.










VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...