Estase xa a convertir nun clásico que o alumnado do CEIP PLURILINGÜE A PEDRA acuda cada ano a ver unha obra de teatro en inglés, e este non podía ser menos. O pasado mércores, 17 de abril os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo volveron ao auditorio de Os Salesianos de Vigo para ver "Alice in Wonderland".
Foi unha xornada divertida na que os nenos e nenas puideron comprobar os avances na apredizaxe desta lingua estranxeira que tanta presenza ten no noso centro plurilingüe.
Despois de presenciar a obra puideron facerlle preguntas aos actores. O alumnado do centro participou no diálogo activamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario