martes, 22 de marzo de 2016

VISITA AO CENTRO OCUPACIONAL JUAN XXIII DE CANGAS

O pasado xoves, 17 de marzo, o alumnado de cuarto fomos coñecer o centro Juan XXIII de Cangas. Trátase dun centro ocupacional  e de día para persoas con discapacidade.
Recibiunos Tere, a directora do centro, que tras facernos  unhas preguntas, comprobou que tiñamos unhas ideas moi anticuadas sobre o concepto e tratamento da discapacidade. Propúxose entón cambiar a nosa mentalidade, primeiro cun power point de concienciación e posteriormente cunha visita as instalacións  e para,  finalmente convivir nos distintos talleres cos usuarios e usuarias do centro así como cos monitores e monitoras. Cada un de nós pasamos por dous obradoiros: 

  • Carpintería
  • Manipulados (Elaboración de alfombras)
  • Cociña
  • Mantemento físico
  • Taller de memoria
  • Taller de comunicación
  • Manualidades
  • Taller de emocións
Creo poder falar en nome de todos se vos aseguro que foi sen dúbida a mellor das saídas que fixemos. Primeiro porque aprendemos a respectar e  admirar a estas persoas e segundo porque nos divertimos montón. 
Agradecementos a Tere, Alejandra, Ana, Sara, Salva, ... tamén a Rober, Isaac, Jorge, Jacobo, Pacos, Beli, ... e tantos e tantas outras que dende agora, sodes os nosos amigos e amigas.
Ah! Por se non quedou claro a nosa mente cambiou por completo tras este día. Agora sabemos que os usuarios deste centro saben facer moitas cousas moito mellor que nós. Poden construír obxectos para que sexan útiles para outras persoas, e poden aportarnos moito para que nós sexamos mellores.




martes, 8 de marzo de 2016

8 DE MARZO " DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo , tivemos a sorte de recibir no  noso cole a dúas supermulleres da nosa vila, con motivo de celebrar o día da muller traballadora.





Todos e todas queriamos ser Noa ou Ari, pois eran as súas avoas as que viñan a relatarnos as súas experiencias como mulleres traballadoras. 
Maricarme e Cachito relatáronnos como dende moi novas tiveron que convinar o traballo na casa co traballo fóra dela, non sen grandes dificultades. Ambas mostráronse como grandes defensoras do sexo feminino e declararon sentirse moi orgullosas de vir ao noso centro a representar aos millóns de mulleres que están nas súas condicións.
A avoa de Ari traballa en Pontevedra nun Centro de Saúde e síntese moi satisfeita de axudar a que a xente mellore a súa saúde.

A avoa de Noa traballa en Bueu, na Oficina de Correos, e
confesounos que a época que máis lle gusta é o Nadal, cando os nenos e nenas lle escriben as cartas aoe Reis Magos.
 Quedamos felices coa exposición que nos fixeron das súas vidas, así como das respostas que nos deron á infinidade de preguntas que lles fixemos.
A verdade é que as avoas de antes non son como as de agora. 
Mirade que guapas, xóvenes e modernas son!

Uns días máis tarde tivemos a sorte de recibir a Luci, a avoa de María. Contounos tamén a súa experiencia. Foi duro escoitar que con só trece aniños tivo que empezar a traballar en Vigo. 
Actualmente traballa nun hotel en Cangas e séntese moi satisfeita co seu labor. Impresionounos como dobraba as toallas. Era quen de facer coelliños, cans... 



Nos vídeos que podedes ver a continuación recóllense partes dos emotivos momentos que puidemos vivir nesta xornadas. Esperemos que estas experiencias se repitan moitas outras veces.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...