domingo, 17 de mayo de 2015

CORRELINGUA 2015


Este martes 12 de maio celebramos o Correlingua en Bueu. Como todos os anos participamos todo o centro, ademáis de distintos centros de todo o Morrazo, sobre uns 2.300 rapaces e rapazas acudiron a tal evento. 

Mentras toda primaria percorría as rúas de Bueu, reinvindicando un ano máis o uso do galego, os máis pequeniños de infantil participaban en diferentes obradoiros.  Este ano o lema foi "Galego, a nosa Creación Común". No centro elaboramos unha paleta de cores coas letras "Crea Galego", unha para nós e outra para agasallar, tamén levamos posta unha chapa con ese lema.

                                   





Tras rematar coa marcha, fomos para a praza do concello para disfrutar do concerto de Paco Nogueira. Algunhas das cancións que bailamos foron estas:








A continuación podedes ver un vídeo cun resumo do día. Un ano máis pasámolo xenial!







Botádelle un ollo a esta proposta chea de optimismo que xorde da CGENDL (Coordinadora  Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística).Para que o día 17 de maio sexa só un punto de partida, un comezo para presumir de galego todo o ano.








Dende aquí queremos dar as GRAZAS A TODOS os organizadores do CORRELINGUA, porque sabemos o gran traballo que hai detrás dun evento tan importante coma este, e a dificultade que supón mover a tantos rapaces. 



lunes, 11 de mayo de 2015

TEATRO EN INGLÉS


Este luns 11 de maio tiñamos programada unha saída ao Centro Social do Mar para ver unha obra de teatro en inglés.
A obra chamábase "The Return of the Storytellers" da compañía de teatro Interacting Theathe.O seu lema é ..
WHATEVER YOU DO, LAUGH WHILE YOU LEARN.
(Fagas o que fagas, ríe mentres aprendes).



Sen dúbida foi unha obra diferente a moitas outras, con moitas non, con moitísima risas, moi activa e participativa, onde os protagonistas da historia foron moitos dos espectadores. Contáronnos a Sereiña en inglés, " The Little Mermaid".



 Que o teatro é unha forma de diversión excelente para todos, xa o sabemos, pero se ademáis de divertirse, aprendemos conceptos novos, afianzamos o que sabemos nese idioma e botamos unhas boas risas, o resultado é un espectáculo increíble.



E como mostra do ben que o pasamos aquí tendes uns pequenos vídeos.














REPETIREMOS!




lunes, 4 de mayo de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Son eses días que podemos ter seguro que quedarán nun recunchiñp do noso baúl dos nosos recordos:
OS APADRIÑAMENTOS E AFILLADAMENTOS LECTORES!
Si, si, así como o ledes porque o alumnado de terceiro temos a sorte de vivir os dous roles.
Primeiro, o luns  27 de abril, fomos padriños dos nenos e nenas do último ano de Educación Infantil. 
Que lembranzas máis bonitas temos da nosa estadía nese centro!!!. 
 Que bonito volver a atoparnos con Tania e Xixela, as nosas profes de infantil!!!!
 Que pracer lerlle aos pequeniños os nosos contos preferidos de cando nós  tiñamos esa idade!!!
Despois o martes 28 de abril, fomos afillados lectores, porque o alumnado de sexto de primaria veu lernos a nós. 
Moitas grazas mozos e mozas de sexto!!!!
Encantounos que nos lerades!!!!
Tede por seguro que máis de un xa estamos lendo eses libros  que comezáchedes con nós!!!!!

Sabemos que este foi o último ano pois, este alumnado, xa se vai do cole e nós o ano que vén xa só seremos padriños, e ninguén nos lerá pois xa seremos dos maiores do cole.
LEI DE VIDA!





VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...