domingo, 20 de marzo de 2011

APRENDIMOS QUE ERAN OS HIPPIES :

ERAN XENTE PACIFISTA E ECOLOXITAS, VIVIAN EN COMUNAS, TIÑAN MASCOTAS E TOCABAN INSTRUMENTOS.

TAMEN DEBUXAMOS HIPPIES :





sábado, 12 de marzo de 2011

OS HIPPIES DO 2º CICLO

De laranxa ou de lila, os hippies de 2º ciclo mesturáronse, cos Bob Esponxa de infantil, cos músicos e pallasos sen fronteiras do 1º ciclo e cos activistas de green peace, conformando un conxunto multicolor, proclamando que o colexio " A Pedra" está firmemente convencido en medrar en valores, sen esquecerse das tradicións e da festa.
Foi un día inesquecible, e aínda que xa non levemos o disfraz, seguiremos proclamando:

PAZ E AMOR !!!







miércoles, 9 de marzo de 2011

PREPARANDO O ENTROIDO

Estamos moi acustamados a lucir só o traballo cando está rematado.
Esta vez gustaríanos que tamén compartirades con nós como foi esa semana anterior a gran festa rachada da celebración do entroido do venres, 4 de febreiro.
Pois ben, mentres seguiamos facendo mates, linguas, ... acudiamos á clase con algo na cabeza, nos pes, coa cara pintada ou con algo na cabeza.
Tamén cada día ensaiabamos a canción, que como sabedes estaba composta coa música de
" My sweet Lord" de George Harrison. Intentamos nela transmitir a filosofía pacifista dos hippies.

“PAZ E AMOR”


Paz e Amor
Mm Amor
Mm Amor.

Vimos de “A Pedra “
tirámonos na herba
vemos as estrelas
ee non queremos guerras.
Mm , non , non, non
non, non , non
Mm amor.

Quero compartir
quero respectar
quero tamén amar
e por qué non “ghosar”.
Aleluia
Paz e Amor
Aleluia.
Paz e Amor.
Aleluia.
Paz e amor
Aleluia
Paz e amor
Alelulia

Somos pacifistas
e ecoloxistas
Somos pacifistas mm amor
pero non clasistas
non, non, non señor
Aleluia


Vimos de “A Pedra”
…..
Por suposto tamén confecionamos o noso disfraz. Ao principio nos fixo moita ilusión, pero a verdade e que ao final estabamos un pouco cansos de facer tantas flores. O que está claro é que valeu apena.
OGALLÁ HOUBERA MÁIS SEMANAS COMA ESTA!!!






martes, 8 de marzo de 2011

PONLLE PILAS AO TEU BOCATA




O pasado xoves, 3 de marzo, os nenos e nenas do segundo ciclo enchemos a aula de usos múltiples do colexio para acudir a unha charla, cuxo nome era:


"Ponlle pilas ao teu bocata".


Unha parella de chicos moi simpática falounos dunha boa alternativa á típica merenda que traemos para a hora do recreo. Propuxéronnos uns bocatas saborosísimos nos que poderiamos mesturar atún, sardiñas ou mexillóns en lata, con cenoria, olivas, leituga ou ovo cocido.




O resultado, comprobámolo porque todos poidemos facer a nosa combinación, foi expléndido, pero non só en sabor se non tamén en riqueza nutritiva pois conteñen, vitaminas, proteínas e os tan nomeados ácidos omega 3, relacionados según os expretos co éxito no rendemento escolar.
Os disfraces foron un bo complemento a este día tan rico!




CLASE DE BOTÁNICA


Esta primeira semana de marzo veu chea de novidades. O primeiro día deste mes, disfrutamos dunha sesión de botánica ao aire libre, que nos fixo saír da rutina diaria e todo foi grazas ao polifacético Ramón.
Estamos, os nenos e nenas de terceiro, na área de coñecemento do medio estudando as plantas. De súpeto alguén se decatou de que Ramón estaba facendo as veces de xardineiro. Despois de falar con el, non só se prestou a que fósemos testemuñas do seu traballo, se non que ademais nos preparou unha sesión no xardín do colena que nos falou da reprodución das plantas co sementes e tamén por diferentes tipos de escallos. Coñecemos de paso as árbores e arbustos que rodean o colexio.
A verdade é que aprendemos un montón de cousas e agora temos na nosa clase unha plantas con escallos de hortensia que nos debemos coidar.
NON NOS QUEDA MÁIS QUE AGRADECERLLE AO NOSO PORTEIRO, PINTOR, MAGO, CARPINTEIRO, ...
E AGORA PROFESOR DE BOTÁNICA


GRAZAS RAMÓN!!!!






VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...