martes, 8 de marzo de 2011

PONLLE PILAS AO TEU BOCATA




O pasado xoves, 3 de marzo, os nenos e nenas do segundo ciclo enchemos a aula de usos múltiples do colexio para acudir a unha charla, cuxo nome era:


"Ponlle pilas ao teu bocata".


Unha parella de chicos moi simpática falounos dunha boa alternativa á típica merenda que traemos para a hora do recreo. Propuxéronnos uns bocatas saborosísimos nos que poderiamos mesturar atún, sardiñas ou mexillóns en lata, con cenoria, olivas, leituga ou ovo cocido.




O resultado, comprobámolo porque todos poidemos facer a nosa combinación, foi expléndido, pero non só en sabor se non tamén en riqueza nutritiva pois conteñen, vitaminas, proteínas e os tan nomeados ácidos omega 3, relacionados según os expretos co éxito no rendemento escolar.
Os disfraces foron un bo complemento a este día tan rico!




1 comentario:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...