miércoles, 9 de marzo de 2011

PREPARANDO O ENTROIDO

Estamos moi acustamados a lucir só o traballo cando está rematado.
Esta vez gustaríanos que tamén compartirades con nós como foi esa semana anterior a gran festa rachada da celebración do entroido do venres, 4 de febreiro.
Pois ben, mentres seguiamos facendo mates, linguas, ... acudiamos á clase con algo na cabeza, nos pes, coa cara pintada ou con algo na cabeza.
Tamén cada día ensaiabamos a canción, que como sabedes estaba composta coa música de
" My sweet Lord" de George Harrison. Intentamos nela transmitir a filosofía pacifista dos hippies.

“PAZ E AMOR”


Paz e Amor
Mm Amor
Mm Amor.

Vimos de “A Pedra “
tirámonos na herba
vemos as estrelas
ee non queremos guerras.
Mm , non , non, non
non, non , non
Mm amor.

Quero compartir
quero respectar
quero tamén amar
e por qué non “ghosar”.
Aleluia
Paz e Amor
Aleluia.
Paz e Amor.
Aleluia.
Paz e amor
Aleluia
Paz e amor
Alelulia

Somos pacifistas
e ecoloxistas
Somos pacifistas mm amor
pero non clasistas
non, non, non señor
Aleluia


Vimos de “A Pedra”
…..
Por suposto tamén confecionamos o noso disfraz. Ao principio nos fixo moita ilusión, pero a verdade e que ao final estabamos un pouco cansos de facer tantas flores. O que está claro é que valeu apena.
OGALLÁ HOUBERA MÁIS SEMANAS COMA ESTA!!!






2 comentarios:

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...