martes, 8 de marzo de 2011

CLASE DE BOTÁNICA


Esta primeira semana de marzo veu chea de novidades. O primeiro día deste mes, disfrutamos dunha sesión de botánica ao aire libre, que nos fixo saír da rutina diaria e todo foi grazas ao polifacético Ramón.
Estamos, os nenos e nenas de terceiro, na área de coñecemento do medio estudando as plantas. De súpeto alguén se decatou de que Ramón estaba facendo as veces de xardineiro. Despois de falar con el, non só se prestou a que fósemos testemuñas do seu traballo, se non que ademais nos preparou unha sesión no xardín do colena que nos falou da reprodución das plantas co sementes e tamén por diferentes tipos de escallos. Coñecemos de paso as árbores e arbustos que rodean o colexio.
A verdade é que aprendemos un montón de cousas e agora temos na nosa clase unha plantas con escallos de hortensia que nos debemos coidar.
NON NOS QUEDA MÁIS QUE AGRADECERLLE AO NOSO PORTEIRO, PINTOR, MAGO, CARPINTEIRO, ...
E AGORA PROFESOR DE BOTÁNICA


GRAZAS RAMÓN!!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...