miércoles, 16 de febrero de 2011

CLUBE ARCO DA VELLA


Os nenos-as do segundo ciclo quérenvos presentar a formiga Ramira, a mascota do clube Arco da Vella. Este clube xorde ante a iniciativa dos alumnos-as de 3ºB de dar resposta aos problemas relacionados co estado dos patios exteriores tralos recreos. O obxectivo principal do clube é fomentar as conductas cívicas no noso colexio (respecto aos compañeiros-as, aos mestres-as e ás instalacións) así como desenvolver hábitos saudables e actitudes de responsabilidade co medio ambiente e coa contorna. Destacan entre as súas funcións principais as seguintes: saídas de concienciación, participar na recollida de materiais de reciclado, cultivo e regado das plantas, contribuír ao mantemento en bo estado do material colocado nos corredores do colexio…
Aínda que a idea orixinaria da creación do clube partiu dos nenos e nenas de 3ºB , e todos eles manifestaron a súa inquedanza por pertencer a este, a participación no clube farase extensiva a todo o alumnado do 2º e do 3º ciclo que así o desexen. Os alumnos-as que queiran formar parte del cubrirán unha folla de inscrición e deberán estar un mes a proba baixo a tutela dun membro máis antigo, a fin de comprobar a súa implicación e responsabilidade coas funcións a desenvolver.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PASAR POLO TABOLEIRO DA NOSA FORMIGA RAMIRA.
UN SAÚDO COLEGAS !

2 comentarios:

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...