lunes, 27 de junio de 2016

EXCURSIÓN FIN DE CURSO


E por fin chegou o gran día, estabamos desexando que chegase a excursión de fin de curso. Por mor do tempo tivemos que cambiar a data pero mereceu a pena. 
O pasado mércores 22 de xuño despedimos o curso escolar por todo o alto, pasando todo o día fóra da casa cos nosos compañeiros e compañeiras. Nada máis chegar ao centro saímos cara Redondela para visitar todos xuntos o museo de MeiRande, despois dividímonos en dous grupos. Mentres o alumnado de 4º foi visitar a illa de San Simón, o alumnado de 3º foi para a praia de Cesantes. Alí realizaron actividades moi divertidas na auga, snorkel, paddle surf, kayak e xogos na area. 
Xantamos todos xuntos e despois os grupos intercambiaron as actividades.

Como podedes ver nos seguintes vídeos foi para moitos a mellor excursión de fin de curso. Foi unha xornada moi divertida, dinámica, amena e un día de convivencia estupendo. 





3º A e 3º B Illa San Simón




Paddle surf

Snorkel






Agora chegaron as ansiosas VACACIÓNS, disfrutar moito, rir a gargalladas, dar paseos en bici, practicar algún deporte novo, disfrutar do sol, da praia, dos pequenos momentos coa familia e amigos, ler ao aire libre... e o máis importante SER FELICES!!

BO VERÁN!

domingo, 19 de junio de 2016

APADRIÑAMENTOS LECTORES

O curso remata, pero non podiamos finalizar sen un clásico no noso colexio: "Os apadriñamentos lectores". Ao alumnado de 4º tocounos apadriñar ao pequenos de primaria.
Os de 4ºA xuntámonos este curso cos de 1º B.

 Aos de 4ºB tocáronnos os de 1º A. 


Nótase que  case somos de 5º porque levabamos moi preparadas as lecturas que queriamos facer. A isto hai que engadir que fixemos unha pequena tarefa de investigación para saber un pouco os gustos, aficións, forma de ser dos nosos e das nosas afilladas lectoras.
Repartímonos por parellas pero ao final houbo tres nenos, Iago, Álvaro e Martiño que lle leron a todos á vez, os seus libros: A sopa quente, A casa da mosca chosca e O tren de Martiño.
Pasamos unha xornada moi divertida e está claro que os nosos afillados e afilladas sempre poderán contar con nós.

sábado, 4 de junio de 2016

CORRELINGUA

O pasado luns, 30 de maio, por fin puidemos gozar coa festa da lingua
Todo estaba planeado para o pasado día 12, pero unha vez máis o tempo volveu xogarnos unha mala pasada. Valeu a pena esperar e aínda que, cando saiamos do cole caíron unhas pinguiñas, despois o sol brillou como nunca.
Este ano a cita foi en Cangas, polo que non puideron vir todos os nosos compañeiros e compañeiras. Os únicos afortunados de primaria fomos o alumnado de cuarto. Menos mal que tamén estaban os pequerrechos e e pequerrechas de infantil  e máis de 2 000 escolares da comarca do Morrazo.
Primeiro recorremos as rúas desta fermosa vila e despois acudimos a un concerto de "A Gramola Gominola".  Bailamos e cantamos ata quedar esgotados. Ao final cantamos as cancións de O Cuco e Galiza, para render unha homenaxe conxunta a Manuel María.

PLANETARIO E PHOTOCALL

Esta curso xa chega ao final pero creo que moitos de nós non o esquenceremos nunca porque o prxecto do Bibliocastelo foi o mellor.
Todo comezou ao redor do aniversario de Papirus, cando descubrimos abraiados, vendo aquel espectacular vídeo que Papirus se atopaba no espazo. 
Dende aquel día empezamos a investigar. Cada aula fixo os seus microproxectos, celebramos un Xamaín interestelar, un Nadal espacial, un Entroido galáctico
, mandamos a Rosalía ao espazo, descubrimos a Papirus subido no meteosat, ... de todo.
Pois aínda nos quedaba o broche final: 
 UN PLANETARIO DENTRO DO COLE!
Esta foi a cara que nos quedou!
Esta imaxes dan fe do que entramos e que puidemos ver as estrelas sobre as nosas cabezas!




Pois non foi esta a única sorpresa. Tras saír de alí esperábanos o photocall. Antes que nada debemos agradecer ao grupo de mamás que traballaron xuntoa á profe Lina para elaborar a nave espacial e os traxes de astronautas. 
Un traballo precioso!

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...