O pasado mércores 24 de abril tivemos unha saída, fomos visitar Cabo Udra. Ao chegar alí recibíronnos os nosos guías, Anxo e Miguel. Dividímonos en dous grupos, os nenos e nenas de 3º estiveron con Anxo e os de 4º con Miguel. Ambos grupos estivemos marabillados con todas as curiosidades que nos explicaban. A Miguel encantáballe coller pequenos animais que aproveitaba para explicarnos algunha característica. Colleu un sapiño, un tritón... ademais de falarnos da extensa e variada vexetación de Cabo Udra.
Disfrutamos do entorno merendando ao lado da Aula da Natureza, despois visitamos o centro e realizamos unha sinxela actividade sobre todo o que aprendimos.
Unha vez rematada a visita guiada, puidemos disfrutar media hora de xogo libre, xogamos coa corda, co balón, tirámonos na herba...pasámolo xenial!
Por suposto, non nos podemos esquecer da aventura de saltar os charcos, o monte é así, e mancharnos forma parte do seu encanto. ;)
Moitas grazas Anxo e Miguel por compartir con nós ese día. Ata outra amigos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario