sábado, 7 de junio de 2014

VISITA DE ALFAYA

O pasado venres,a biblioteca do noso centro foi testemuña silenciosa dun encontro moi especial entre  An Alfaya, autora de “Zoa e Azor” e “A Ánfora Exipcia”, entre outros moitos libros, e o alumnado de 4º e 5º do noso cole.
    A escritora contoulle como, dende moi nena, sentira a necesidade de escribir e que topara con no poucos atrancos para poder facelo. Fixo fincapé en que é moi importante ter inspiración e ideas que che empurren a escribir pero que o seguinte paso é igualmente imprescidible: darlle forma na escrita de forma coherente, comprensible e agradable para o lector.


   Os nenos e nenas fixéronlle infinidade de preguntas que An contestou moi amablemente. Emocionouse especialmente cando unha nena lle preguntou se sempre traballaba as emocións nos seus libros ou cando outro neno lle dixo como era capaz de escribir expresións ou comparacións tan bonitas nos seus libros.
Ao final do acto procedeu á firma con dedicatoria persoal dos exemplares lidos. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...