Este trimestre aos alumnos de terceiro de primaria
tocoulles estudar as plantas na materia de ciencias da natureza.
Dende ben pequeniños os cativos están rodeados de natureza
e tanto familias como docentes debemos fomentar e concienciar da importancia e
necesidade de coñecer e coidar o medio ambiente.
Primeiramente estiveron nas aulas lendo e vendo vídeos
sobre as características das plantas, as súas partes e formas de clasificalas.
Tamén aprenderon como se alimentan e se reproducen.
Durante o camiño viron as distintas herbas, arbustos e
árbores que ían aparecendo: estraloques, botóns de ouro, salgueiros, bidueiros,
estrugas, mentraste... Comprobaron como
varían os talos das plantas e cotexaron con outras diferentes. Tamén observaron
plantas con flores e sen elas, coñeceron diferentes flores e as analizaron. Tamén
colleron follas para inspeccionar os seus bordos (liso, dentado e lobulado) e as diferentes
formas que poden ter (redondeada, agulla, lanceolada, palmeada, triangular,
redondeada...)
E como algúns dos terreos que bordean o río están cultivados, tamén se fixaron nos diferentes froitos que dá a terra: leitugas, chícharos, cebolas... froitos que varían ao longo do ano dependendo da estación.
Xa ao final do camiño sentaron para cubrir unha ficha coa información recollida durante o sendeiro.
Tras isto, regresaron ao colexio e polo camiño seguiron vendo diferentes follas e flores.
XENIAL RAPACES E RAPAZAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario