miércoles, 9 de mayo de 2018

EXCURSIÓN A SANTIAGO DO ALIMNADO DE 4º DE PRIMARIA

O pasado 8 de maio, os nenos e nenas de 4º de primaria fomos visitar a capital de Galicia:
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ao chegar acudimos ao MUSEO DO POBO GALEGO.

 Alí separámonos en tres grupos e realizamos un xogo de pistas que nos axudou a coñecelo dunha forma lúdica. Chamáronnos a atención as seccións da  música, dos oficios, das vivendas, do mar, ...


Pero o máis impresionante foi a escaleira helicoidal triple. Por elas tiñamos que subir e baixar continuamente se queriamos responder as cuestións que se nos plantexaban.
Resultado de imagen de escaleira helicoidal museo do pobo galego
Os que rematamos rápido fomos a capela de Santo Domingo de Bonaval, e alí vimos o panteón de galegos ilustres, onde están enterrados, entre outros, ROSALÍA DE CASTRO E CATELAO.

Fomos, logo, merendar na fermosa Praza da Quintana para posteriormente entrar uns minutiños na grandiosa CATEDRAL DE SANTIAGO, onde lle demos a tradional aperta ao Apostolo. Sorprendeunos a cantidade de xente que había de todas as nacionalidades.
Ao saír dirixímonos á PRAZA DO OBRADOIRO. Que bonita é a fachada principal da catedral! Agora xa está practicamente restaurada. Sacámonos unha foto no centro mesmo da praza, onde chegan os peregrinos ao final do seu camiño.

Pero o mellor estaba por chegar! Tocaba subirse no TREN TURÍSTICO que nos levaría polas principais rúas da cidade, mentres unha guía, ía dando explicacións! A verdade é que case ningún de nós escoitou nada do que dicía porque estabamos demasiado excitados.


Cando baixamos do tren, todos estabamos desexando ir xantar, e así foi. Despois dunha boa caminata chegamos ao parque de VISTA ALEGRE. Comemos nun periquete e a xogar. Que ben o pasamos!




Pola tarde, quedábanos a mellor das sorpresas: 
O MUSEO DE HISTORIA NATURAL!
Creo que non houbo ningún de nós que non quedara impresionado. Dani, o noso guía, dounos unha clase moi instrutiva sobre animais vertebrados e invertebrados, sobre plantas, cogomelos, sobre hábitas galegos, sobre minerais e sobre ecosistemas. 







No seguinte vídeo poderedes ver unha boa galería das fotos da xornada:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...