O pasado 23 de abril, Día do Libro, o alumnado de terceiro de primaria en compaña doutros tres colexios de Vigo, Vilagarcía e Ribeira e Os Bolechas fixeron unha viaxe en barco ata as Illas Cíes para apoiar a candidatura a Patrimonio Natural desta fermosa paraxe que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Ademais dos Bolechas os nenos e nenas tamén contaron coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves e co concelleiro de Obras e Servizos e relacións institucionais do concello de Bueu Fidel Catro Quiroga.
Despois do traslado en barco dende o Porto de Vigo ata as Illas Cíes os representantes políticos déronlle a cada un dos presentes unha guía na que, coas personaxes como protagonistas de Pili, Tata, Carlos, Sonia, Braulio e Loli, infórmase aos cativos da riqueza destas illas e de como hai que comportarse nelas.
Despois os escolares fixeron unha pequena ruta guiada na que puideron comprobar in situ a gran cantidade de especies mariñas que podemos atopar nas Illas. Tras isto os cativos desprazáronse ata a praia de Rodas onde tiveron xogos tradicionais como as carreiras de sacos ou o tiro a corda.
Para rematar esta divertida mañá todo o alumnado comeu e gozou dun tempo na praia saltando e xogando coa area antes de coller o barco que nos levaría de volta a Vigo.
A continuación podedes ver un vídeo con algunhas fotos deste marabilloso día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario