domingo, 29 de abril de 2018

CHARLA DOS AXENTES MEDIOAMBIENTAIS DE COTOBADE

Menudo mes de abril levams o alumnado de cuarto! Empezamos cos obradoiros de alfombras florais , continuamos co teatro en inglés,  a celebración do día do autismo, a  semana da forita, o día do libro  e, por sorpresa, o pasado 24 de abril, aparécennos na escola.


OS AXENTES MEDIOAMBIENTAIS DE COTOBADE
Estos amables cabaleiros, son os membros dunha brigada que coida os nosos montes e que cando se producen os incendio arriscan a súa vida para salvar á fauna, a flora, as casas e a vida dos veciños.
Foron case 2 horas falando con nós. Fixémoslle infinidade de preguntas e  todas foron respondidas cunha paciencia infinita, polo que non podemos estar máis que agradecidos e agradecidas.
Contáronos que a súa e unha profesión de vocación e o seu principal motor e o seu amor pola natureza. enterámonos que é o seu humano quen intencionalmente o por descuido provoca máis do 90% dos incendios. Explicáronnos cales son as causas, cales as consecuencias e como podemos previlos.
Tamén soubemos como se organizan, o importante que é O TRABALLO COOPERATIVO. 
Ensináronnos que eran os EPIs (equipos de protección individual), ...
Ao final da mañá saímos a ver os camións s de bombeiros, e deixáronnos manipular as mangueiras.
No seguinte vídeo podedes ver unha galería de imaxes. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...