Este 2º trimestre nas aulas de 3º realizamos dous proxectos. En Ciencias Naturais por unha banda 3ºA realizou un POWER POINT e 3ºB un SWAY. O tema a tratar eran os animais, por parellas escolleron un animal e indagaron sobre todas as súas funcións e curiosidades. Sin dúbida é unha forma moi divertida para aprender porque partimos da súa motivación para traballar coas novas tecnoloxías ao mesmo tempo que buscan, len, seleccionan e resumen a información máis relevante.
Fixeron uns traballos incríbles e aprendemos todos de todos!
Por outra banda en Ciencias Socias decidimos estudar a fondo o noso concello de Bueu, polo que elaboramos entre todos un gran mural e ao mesmo tempo fixemos o noso primeiro Lapbook.
Empezamos por equipos buscando a información máis relevante, situación no mapa, comarca, provincia, praias, festas, parroquias, lugares de interese...despois indagamos sobre o equipo de goberno e as súas funcións. Esto último era máis difícil polo que a modo de puzle tiveron que averiar as funcións de cada concelleiro ou concelleira, o resultado de todos os equipos foi estupendo porque acertaron á primeira.
Mural sobre Bueu |
LAPBOOK SOBRE BUEU |
E para afianzar o que aprendemos que mellor maneira de expoñer o noso traballo a outros nenos, ao mesmo tempo que traballamos a expresión oral, esa que tanto custa e a moitos tanta vergoña lles dá.
O alumno de 2º tamén estivo traballando sobre o concello de Bueu, polo que tamén sabían moito pero viñeron as aulas de 3º para aprender un pouquiño máis sobre o seu pobo.
A nosa derradeira actividade foi facer unha enquisa, e a quen ía ser? Pois a nosa compañeira e concelleira Macu. Foron moitos os que se sorprenderon ao mirar a súa foto no equipo de goberno do noso concello.
Por equipos redactaron varias preguntas e despois entre todos elaboramos unha completísima enquisa para coñecer unha pouco máis a Macu.
E así pechamos este gran traballo realizado por todo o alumnado de 3º.
Moitas grazas Macu por atendernos e dedicarnos un pouquiño do teu valioso tempo.
BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario