lunes, 9 de abril de 2018

PROXECTO DE CIENCIAS NATURAIS SEGUNDO TRIMESTRE: ENFERMIDADES RELACIONADAS COA ALIMENTACIÓN.

En Ciencias Naturais, non podiamos pasar por alto, o PDI deste ano no colexio: 
" A ALIMENTACIÓN".
Xa fora un tema tratado no curso anterior, así que empezamos por repasar a Pirámide Alimenticia e os contidos que nos transmitía. Aproveitamos unha dinámica de traballo cooperativo o folio xiratorio e a transformamos nun texto expositivo. O mesmo aconteceu coa Roda dos alimentos. 
Volvemos  pasar ao noso vocabulario consciente, termos de  nutrientes (vitaminas, proteínas, hidratos de carbono, minerais, graxas, ...), grupos de alimentos (enerxéticos, reguladores ou construtores), ...
Pero este ano centrámonos máis nunha dieta saudable. Quixemos coñecer neste trimestre as enfermidades que están relacionadas coa inxesta de alimentos. Patoloxías producidas por carencias de vitaminas, como podía ser o raquitismo, o bocio, a avitaminose B12, o escorbuto. Outras por sintentizar mal os nutrientes como son as alerxias a lactosa ao ovo ou ao gluten, ou a diabetes. Enfermidades máis coñecidas como a gastroenterite, ou outras tan actuais como a bulimia, a anorexia ou a obesidade.

Este foi o noso guión:

Cada alumno ou alumna elixiu unha enfermidade e elaborou un texto, que podía vir acompañado ou non, á hora de ser exposto, por un power point. O obxectivo era elaborar un libro con todo.
Houbo moita variedade e aprendemos  moito con enfermidades como a anorexia ou a bulimia, pero tamén chamou moito a nosa atención a enfermidade das vacas tolas, ou a provocada pola bacteria anisakis. Sorprendeunos o raquitismo, a toxoplasmose, ...
Estas son algunhas das presentacións que se fixeron:

Uxía Gil expuxo un traballo impecable sobre a diabetes:


Leer más publicaciones en Calaméo
Carla informounos claramente sobre o perigo das caries:


Leer más publicaciones en Calaméo
Brais informounos sobre o bocio e a incidencia que esta enfermidade ten en Galicia:


Leer más publicaciones en Calaméo

Fabiola contounos de xeito moi apaixoado en que consistía a toxoplasmose porque ela é unha amante incondicional dos animais:



Leer más publicaciones en Calaméo
Aroha, sorprendeunos cun impresionante relato sobre a anorexia nerviosa, e cunhas durísimas imaxes sobre esta patoloxía que afecta a moitas adolescentes do mundo desenvolvido neste século:


Leer más publicaciones en Calaméo
Tamén queda a xeito de exemplo a  magnífica exposición que Hugo fixo sobre a enfermidade provocada pola bacteria anisakis:



Inés conseguiu que, primeiro o seus compañeiros e compañeiras, e despois, o alumnado de segundo mantivesen atención plena, pois o que lles contaba sobre o raquitismo era moi interesante.


No terceiro trimestre temos intención de continuar co este proxecto, centrándonos máis no etiquetado, no tipo de dietas e nas receitas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...