Como todos sabedes, o noso colexio atópase inmerso este curso nun proxecto sobre alimentación. Pois ben, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia ofrece ás escolas o programa ALIMÉNTATE BEN, polo que envían aos centros educativos froita fresca e gratuita. Os nosos profes non dubidaron en solicitalo.
Durante dúas semanas todo o alumnado do colexio A Pedra recibimos nas aulas froita fresca variada:
Foi unha experiencia moi enriquecedora porque algúns de nós non probaramos nunca a piña. Outros dicían que non lles gustaba por exemplo a mazá pero ao ver que os nosos compañeiros e compañeiras a tomaban non querían ser menos.
Lembramos que a froita é unha fonte imprescindible de vitaminas, minerais e fibra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario