Fariamos polo tanto unha SHOW COOKING.
Despois na clase, coa dinámica de lapis ao centro, teriamos que redactar o texto da receita que viramos ou escribir a experiencia se eramos nós quen cociñara.
Por suposto, que o mellor desta actividade era o momento de comer. Que ben sabía todo! Somos uns expertos e expertas cociñeiras!
O 1º equipo foi o das Cenoiras Xenerosas que elaboraron unha receita de paninis:
Saíronlle deliciosos.No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:
O segundo equipo foi o de As amistosas Estrelas Michelín, que fixeron unha estupenda ensalada de froitas.
No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:
O terceiro equipo foi o de Lambetadas Xusticieras que elaboraron unha bica galega:
No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:
Foi despois o equipo de Tartaletas Solidarias que cociñaron un biscoito de chocolate con noces:
Chegou a quenda do equipo de Superxeados tolerantes que fixeron un refrescante mousse de limón:
No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:
Finalizaron esta divertida e instrutiva actividade o equipo de Teteiras Respectuosas que realizaron unha apetitosa ensalada de queixo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario