viernes, 18 de mayo de 2012

VISITA DE FINA CASALDERREY


O pasado martes, 15 de maio, os alumnos e alumnas de 4º de primaria tivemos a sorte de coñecer a Fina Casalderrey.



 Era unha visita moi esperada

 Contounos historias moi interesantes.

Como é a súa vida.

 En que se inspira para comezar unha novela.


As anécdotas que máis marcaron o seu carácter


Algunha das súas experiencias como mestra.

Contestou a todas as nosas preguntas, que foron moitas.
  Pero sobre todo falounos do libro que lemos: 
"Dúas bágoas por Máquina"
  Díxonos que para ela tamén era un libro especial, que lle segue conmovendo

 Firmounos todos e cada un dos nosos exemplares. Tamén os traballos que fixemos.
MOITÍSIMAS GRAZAS FINA !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...