domingo, 18 de junio de 2017

SAÍDA TEI Á PRAIA DE AGRELO

O alumnado de terceiro quinto vivimos o pasado venres, 16 de xuño, unha estupenda xornada de convivencia, para despedir o proxecto TEI neste curso escolar.
Saímos moi tempraniño de mañá e dirixímonos á praia de Agrelo. No mirador sacámonos estas fotos.



Tan pronto chegamos, dividímonos en dous grupos, e mentres 3ºA e 5ºA se dirixían á Sala de Interpretación do Litoral, 3ºB e 5ºB realizaban uns divertidos  xogos, dirixidos por dous monitores, no areal.
Na Sala de Interpretación, antigo matadeiro de Bueu, Manolo Otero, Concelleiro de Deporte e Medio Ambiente, foinos explicando a costa da nosa da vila dende a praia de Portomaior na parroquia de Cela ata a praia de de Areas de Bon na parroquia de Beluso. Contounos cousas moi interesantes, non só sobre a situación xeográfica senón tamén sobre a historia.
Xa na praia, realizamos varios xogos, baixo a dirección de Jose e Andrés. Pasámolo xenial, corremos, saltamos, bailamos pero sobre todo rimos a escachar!


Despois de merendar fixemos varios xogos máis. Nesta foto podedes vernos, afanados en facer o burato máis grande. As parellas estaban formadas por titor e titorizado.
UN DÍA PARA QUEDAR NA NOSA MEMORIA SEN NINGUNHA DÚBIDA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario