
domingo, 30 de noviembre de 2014
INVESTIGANDO A REPRODUCIÓN HUMANA
Os alumnos e alumnas de 4ºA e 4º B queren mostrarvos todo o que aprenderon da reprodución humana. Fixeron un excelente traballo, pesquisando sobre as fases do embarazo, as funcións do cordón umbilical e da placenta, buscaron a etimoloxía de "In Vitro" e incluso explicáronnos en que consitía.
Todos fixeron un marabilloso traballo, porque tiveron que buscar a información, seleccionala, organizala e plasmala nunha cartolina grande acompañadas de bonitas ilustracións.
O máis difícil foi a exposición oral, moitos estaban como flans!! Pero aínda así, fixéronno moi moi ben. Algúns non lles importou incluso volvelo a expoñer noutras aulas, xa que en 6ºA e 6º B tamén están estudando a reprodución humana.
Daba gusto escoitar todo o que aprenderon e utilizando en toda a exposición o vocabulario específico do tema ( embrión, feto, bebé, cordón umbilical, fecundación ... ). Algúns contaron anécdotas deles, trouxeron as súas ecografías, outros aportaron un montón de curiosidades...
As profes de 4º estamos moi orgullosas de todos os nenos e nenas polo traballo realizado, e unha vez máis queremos agradecer ás familias a vosa coloboración. Porque esta forma de aprender a aprender é sin dúbida a máis significativa.
A continuación deixamos varios vídeos das súas exposicións, ao longo das semanas iremos colgando moitas máis.
PARABÉNS !!
Uxía 4º A
Alba 4ºB
Carla 4º A
Alonso 4ºB
Salva 4ºB
Laura 4ºA
Andrea 4ºA
Nico 4º A
Lucía 4ºA
Carmen 4ºA
Paula 4ºA
Hugo 4ºA
Adrián 4ºB
Yéneba 4ºA
David 4º A
Rocío, Carla, Mabel e Dani 4º B
Atenea 4ºB
Gabriela 4º B
Alexandra 4º B
Borja 4º A
Germán 4º A
Miguel 4ºA
Denís 4ºA
Nuria 4ºA
Sara
Dani
Sara
Noa
Pablo 4º A
E así coa derradeira exposición, concluimos este tema da reprodución humana, que reflicte claramente todo o aprendido, o esforzo e traballo de todo o alumnado. Así da gusto traballar rapaces!!
GRAZAS!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
Co gallo do noso proxecto anual "LerArte" , neste primeiro trimestre decidimos traballar artistas galegos. En 4ºA escollemos o pi...
-
Estivemos recolectando follas para facer un bonito candelabro. Alumnos e alumnas 4ºA con Hannah
Bos traballos e moi interesante para eles.
ResponderEliminarParabéns!