jueves, 4 de diciembre de 2014

CLASE DE ORIENTACIÓN

Esta vez os alumnos de terceiro cambiamos  a comodidade dos pupitres da aula polo frío chan do patio do cole. 
Tocábanos dar unha clase de orientación guiándonos polo sol. 
Xa a primeira hora da mañá saímos para comprobar por onde saíra o sol (a estas alturas do ano sae ás 8: 45) así que estendemos o noso brazo dereito cara a ese lugar, sabendo que estabamos sinalando o LESTE, polo que o esquerdo estaría sinalando o OESTE, ao noso frente estaría o NORTE e ás nosas costas o SUR.
No xornal limos que o sol estaría no seu punto máis alto ás 13:20, así que volvemos saír da clase a esa hora. Tivemos sorte porque nese momento estaba todo despexado. O profe Ginés díxonos que nese momento o sol estaba no SUR, así que se puxo de costas ao Astro Rei, e a súa sombra, proxectou o NORTE. Nese momento tendo en conta onde estaban estos dos puntos cardinais, facendo o mesmo da mañá, estendemos os brazos para sinalar coa man dereita o LESTE e coa esquerda o OESTE
Os profes remataron facendo no chan unha ROSA DOS VENTOS.
APRENDEMOS UN MONTÓN!
 E ADEMÁIS O PASAMOS MOI BEN!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...