lunes, 22 de diciembre de 2014

AQUILES, UN PUNTIÑO MOI ESPECIAL

No cole xa se respiraba un aire moi especial, o ambiente navideño andábanos a rondar. Estar nas aulas sentados, facendo exercicios de matemáticas ou de lingua ... a verdade non nos apetecía nada. 
Así que o xoves a última hora tivemos unha grata sorpresa, cando a profe Lina veu buscarnos ás nosas aulas para levarnos a todo o alumnado de terceiro e cuarto á aula de usos múltiples. 
Contounos a historia de Aquiles, un puntiño moi especial que terminou converténdose nunha fermosa obra de arte.
O conto era precioso pero o que o fixo especialmente atractivo foi a dozura empregada para contárnolo.
GRAZAS PROFE LINA!!!
Agora tócanos a nós converter ao noso punto noutra fermosa Obra de Arte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...