lunes, 22 de diciembre de 2014

FELICES FESTAS!

Que mellor maneira de felicitarvos que facelo cos lemas que vós mesmos, as familias do alumnado de 2º ciclo, propuxestes. Debo dicir que só unha foi a elexida, pero que todas, absolutamente todas, o mereciades tamén.


Sé artista e regala ledicia no Nadal.  (Mabel  4ºB)

O Nadal vívese en familia, cántase en conxunto e celébrase con todos. (Lucía D. 4ºA)

Este  Nadal empeza a pensar nos demais.  (Jorge 3ºA)

Cun bote de cariño e un pincel de ilusión iremos pintando sorrisos en todos os corazóns. (Laura Brocos 3º A)

Se neste Nadal  distingues unha luz ,moi brillante no ceo, pide un desexo de FELICIDADE para o mundo enteiro.  (Atenea 4ºB)

*Mellor que todos os agasallos debaixo da árbore de Nadal é a presenza dunha familia feliz. (Alexandra 4ºB )

O importante do Nadal non é o Papá Noel , senón estar coa familia e pasalo ben. (Alba 4ºB)

Que este ano te atrape o espírito do Nadal. (Andrea G. 4ºA)

A arte máis grande é que  a felicidade  brille en todos  os fogares do mundo.Felices festas. (Yago 4ºB)

Que o conxunto de persoas disfruten da maxia navideña. (Alonso 4ºB)

O Nadal é o pracer de ser positivo, amar e sorrir.Feliz 2015!  (Javier 4ºB)

A maldade non existe e xa ven o ben , preparádevos persoas ,o Nadal está por facer. (Daniel R.4ºB)

Neste Nadal lucirá a maxia, as cores e a luz , coma se fose un cadro luminoso que expresa a bondade e amizade. BO NADAL.  ( Rocío  4ºB)

O Nadal é o momento de vivir con esperanza, sorrí , comparte. BO NADAL ! (Mario 4ºB)

Se fose pintor pintaría no Nadal todas as caras cheas de sorrisos . (Salva 4º B)

O mellor dos pintores é o que pinta a un neno coa ilusión que dá o Nadal.(Carmen 4ºA)

A arte non é unha pintura nin unha escultura , senón unha alma ao descuberto. (Nuria 4ºA)



No Nadal turrón a cantidade.( Sara D. 4ºA)

CON ESTA PRECIOSA TARXETA, FEITA POR TODO O ALUMNADO DE PRIMARIA BAIXO A SUPERVISIÓN DA PROFE GELI E O LEMA DE LAURA BROCOS, O EQUIPO DE MESTRES E MESTRAS E O ALUMNADO DE TODO O CEIP A PEDRA  DEXÉSANVOS QUE PASEDES ESTAS FESTAS RODEADOS DOS VOSOS SERES QUERIDOS EN PAZ E HARMONÍA.


 TERCEIRO A
 CUARTO A
 TERCEIRO B
CUARTO B



 E para rematar deixámosvos un pequeno vídeo dos diferentes obradoiros que fixemos o venres antes da visita das súas maxestades,os Reis Magos. Dous dos obradoiros eran decorativos, noutro xogamos ao Bingo coas profes Luisa e Megan, e por último coa profe Gore movemos o esqueleto. Foi xenial!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...