domingo, 14 de mayo de 2017

THE JUNGLE BOOK AND THE CHOCOLAT FACTORY

Somos un cole plurilingüe, e como tal, non pode faltar cada ano unha obra de teatro en inglés.
Ao alumnado de terceiro tocounos, esta vez, asistir á representación de:
"THE JUNGLE BOOK"
Aínda que non o creades, toda a obra foi representada en inglés e entendemos todo. Foi moi divertido porque fomos varios os afortunados e afortunadas que tivemos a ocasión de subir ao escenario e formar parte da representación.



















THE CHOCOLAT FACTORY

Ao alumnado de cuarto e sexto de primaria tocounos esta outra obra. Pasámolo xenial porque foi moi amena é participativa, xa que foron moitos os que puideron saír ao escenario para poder participar na obra. Eran todos uns artistas, e sen dúbida percatáronse de que podían entender ben a historia.










MOITAS GRAZAS UN ANO MÁIS POR FACERNOS DISFRUTAR DO INGLÉS E DO TEATRO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...