domingo, 14 de mayo de 2017

CORRELINGUA 2017

A festa da lingua tivo lugar este ano en Moaña, o pasado martes, 9 de maio.
O alumnado de terceiro a cuarto, saímos ben cedo do cole para dirixirnos ao encontro de preto de 3 000 escolares da comarca. Xunto a a rapaces e rapazas de Bueu, Cangas, Moaña e Marín, percorremos algunha das principales rúas da vila morracense ao grito unísono de:
EN GALEGO SEN CANCELAS

Rematamos a nosa marcha, no palco, cerca da praza de abastos, e alí gozamos do concerto de Pablo Díaz e a súa banda. O cumio chegou cando todos e todas cantamos e bailamos "Queremos Galego".

No seguinte vídeo poderedes comprobar os inesquecibles momentos vividos entre tanta rapazada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

MES DA CIENCIA 2

Este mércores 15 o alumnado de 3ºA e 3º B continuamos cos nosos experimentos.  Aproveitando que na saída da semana pasada á panificadora d...