sábado, 16 de abril de 2011

VISITA DO CEIP DE BARCELOS































O pasado 12 de abril recibimos a visita dos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP de Barcelos de Pontevedra.
Recibímolos no noso cole e despois de facer as correspondentes presentacións e coñecernos un pouquiño mellor, baixamos ao centro de Bueu para visitar o Museo de Massó. A nós gustounos moito, esperamos que a vós tamén.
Finalmente volvimos para o noso centro para rematar a xornada cunha gran merenda e xogar no patio.

Pasámolo xenial!! Agora esperamos volver a veros o 3 de maio, pero esta vez tócanos a nós movernos.

Ata pronto amigos!!

2 comentarios:

  1. Foi unha mañá estupenda os nenos e as nenas fixeron novos amigos e amigas

    ResponderEliminar
  2. que guapos estamos todos os nenos e as nenas e o pasamos moi ben xogando e todo e fixemos moitos amigos

    ResponderEliminar

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...