Como todos os anos por estas datas o espíritu do Nadal chega tamén ao noso centro, e con el a ilusión de todos os nenos e nenas. Decoramos o noso Bibliocastelo, as aulas, os corredores e como sempre Ramón e Martín montaron o fabuloso Belén.
Son épocas de panxolinas, de celebracións, de vacacións...pero antes rematamos cos tradicionais obradoiros de Nadal. Este ano no noso ciclo fixéronse:
Obradoiro Decorativo. A cargo da profe Luisa.
Obradoiro Medio Ambiente. A cargo da profe Silvia.
Obradoiro Plurilingüe. A cargo da profe Rebeca
Obradoiro do Espazo. A cargo da profe Lina.
Entre todo o alumnado do centro fíxose unha postal na entrada do colexio co lema dunha nena de 3ºB, Andrea " Por un universo onde o sol quente a todos por igual".
3ºA
3ºB
4º A
Velaquí tedes uns vídeos como mostra to ben que o pasamos ese día. Dende aquí queremos desexar a todas as familias unhas moi Felices Festas de Nadal.
No cole respírase outro aire, os
profes reláxanse, e, polo xeral, saímos das rutinas dos días normais.
Así o pasado mércores 16 de decembro
fomos visitar o Museo Masso.
O obradoiro chamábase:
"Mensaxe nunha botella" e o obxectivo do mesmo era concienciarnos da
importancia dos océanos no noso planeta.
Estivemos moi atentos porque era un
tema que tratamos recentemente na escola. Ademais toda a información foi
presentada con diferentes xogos e enigmas. Rematamos metendo mensaxes
ecoloxistas dentro dunha botella.
Ao saír visitamos tamén a exposición de produtos artesanais elaborados polo alumnado do "CEE Juan XXIII" de Cangas,. Un alumno explicounos como se organizaban para crear esas bonitas alfombras, as orixinais cadeiras ou os útiles marcapáxinas.
Xa de volta ao cole paramos diante da nosa querida e archicoñecida macroescultura do artista "José solla", onde nos sacamos esta última foto:
O pasado 15 de decembro o alumnado de 3º fixemos unha saída escolar ao museo Massó de Bueu, para participar nun divertido obradoiro " Mensaxe nunha botella ". Tiñamos que adiviñar a resposta de varias preguntas relacionadas co mar. Falaron dos continentes, dos mares, das correntes, dos océanos, dos dintintos tipos de pesca, do medio ambiente...ata completar a nosa mensaxe e buscar a botella polo museo.
E para rematar o día, cando chegamos ao cole improvisamos unha pequena festa de aniversario para Dafne.
E por fin o "Verán de San Martiño" chegou co bo tempo. Facía anos que por mor da choiva non se viña celebrando no noso centro o tradicional magosto con xogos. Pero esta vez si!
Tocou o timbre ás 11:30 e a partir de aí todo foi diversión! Nos diferentes recunchos do patio había un xogo tradicional, dende os xogos con aros, tiro á chave, a corda, as buxainas, os zancos, pesca de chapas, xogos con carozos... e algún máis. Agradecer a Manolo Otero e a asociación pola súa colaboración e compartir con nós todos eses xogos que nos fan recordar con agarimo a nosa infancia e a dos nosos pais e avós. Xogos que moitas veces coa chegada das novas tecnoloxías xa nin lembramos, xogos que reflicten diversión con amigos, xogos sinxelos ao alcance de calquera. Dende aquí queremos reivindicar os xogos que todos nós algunha vez xogamos de nenos, ás bólas, ás buxainas, saltar á goma, ás chapas... xogos ao aire libre que o único que precisábamos era un amigo. Ao rematar a xornada puidemos ver como todo o alumnado marchaba cun bonito sorriso para casa. Porque na escola tamén o pasamos moi ben!
Esta vez foi a quenda dos nenos e nenas de 3º en visitar Naturnova, cunha actividade relacionada co noso proxecto anual, "A Lúa e os planetas ".Nada máis chegar ao centro marchamos no autobús dirección Vigo con moita ilusión por ser a nosa primeira saída escolar.
Como eramos demasiados, 3º A empezamos visitando a sala de exposicións e 3º B empezaba na zona do Universo. Na sala de exposicións dunha forma lúdica coñecemos diferentes pintores como Joaquín Torres García, Dalí, Lugrís, Miró e Kandinsky. Éste último encantounos e foi o motivo da nosa seguinte parada, fixemos un obradoiro onde tiñamos que facer un debuxo con figuras xeométricas,con cores, liñas rectas...ata conseguir a nosa obra de arte.
Despois dun descanso para merendar pasamos a seguinte sala do Universo. Tras unha breve explicación do noso guía puidemos indagar nos ordenadores da sala sobre o astro que escollimos. Foi moi divertido, porque sen dúbida aprender a aprender é a mellor aprendizaxe.
Para rematar a visita, mergullámonos na nosa ría nun fantástico submarino amarelo. Aprendemos un pouco máis sobre as nosas especies mariñas, incluso como se decían en latín.
E ata aquí a nosa visita! Foi unha mañá moi amena e divertida como podedes ver neste pequeno vídeo.
O pasado mércores celebrouse o día da
ciencia en galego.
A comunidade escolar
do noso centro amosa, como cada ano, o seu compromiso tanto coa nosa lingua como
coa ciencia realizando durante todo o mes diferentes actividades
científicas.
Os primeiros en
empezar foron as alumnas e os alumnos de cuarto que, tras un rigorosotraballo
de investigación sobre diversas enfermidades adicaron toda a semana a
exposición dos seus proxectos.
Así todo alumnado puido coñecer:
·Nome común e científico
·Historia (descubrimento, épocas de maior
virulencia, situación actual)
·Síntomas
·Órganos, aparatos ou sistemas aos que afecta.
·Tratamentos para curalas ou para frear o seu
avance.
·Consellos para previlas (hábitos saudables,
vacinas).
Álvaro e María investigaron sobre a Asma e a Obesidade.
Gabri sobre a Gripe A e Jonathan sobre a Varíola.
Iago sobre a enfermidade das Vacas Tolas e Iria sobre a Dermatite
Xandre sobre o Ébola e Jorge sobre a Diabetes.
Martiño sobre a Rubéola e Aroa sobre a Apendicite.
Noa sobre o Parkinson e Laura Corredoira sobre o Alzheimer.
Brais sobre a Hepatite e Martín sobre o Infarto.
Nerea sobre a Bronquite e Brian sobre a Artrose.
Laura Boubeta sobre a Enfermidade do Bico e Ari sobre a Cistite.
Lauar Brocos sobre a Poliomielite e Roi sobre o Sarampelo.
Espe investigou sobre o Glaucoma e Marcos sobre o Tiroidismo
Ademais Jorge, agasollou a todos cun fermoso vídeo sobre a entrevista que lle fixo a súa curmá Patricia que padece Diabetes. Grazas a esta encantadora xovenciña puidemos aprender dunha forma moi sinxela en que consiste esta enfermidade.
GRAZAS PATRICIA POR ESTE ACTO DE XENEROSIDADE!
Helena, de 4º B, tamén tivo a boísima idea de facerlle unha entrevista, a profesionais e pacientes que integran a " Asociación Parkinson" de Bueu. Novamente volvemos a agradecer a estas persoas que tan amablemente nos abren os seus corazóns para que poidamos coñecer e entender esta enfermidade que lle afecta a tantas persoas.
Co gallo do noso proxecto anual sobre o espazo, o alumnado de 3º e 4º trouxeron as súas cabazas espaciais. Cada ano son máis creativas e orixinais, había dende planetas, lúas, soles, cohetes... ata extraterrestres.
Xulgade vós mesmos, unha marabilla!
Entre todo o alumnado inventamos uns conxuros cósminos que puxemos no mural da entrada. Mirade que arrepío!!!!
Só había dous días que sabiamos, de certo, que "UN UNIVERSO DE LIBROS", ía ser o título do noso proxecto anual é ...
Que mellor maneira de empezalo que unha saída?
Así foi. o pasado xoves, mentres todos os nosos compañeiros e compañeiras quedaban no centro para celebrar o Samaín, o alumnado de cuarto colliamos un autobús que nos levaba a Vigo, ata a sede de "Afundación".
O obxectivo da viaxe era acudir a Naturnova onde nos esperaba unha actividade na sala do Universo, sobre a lúa e os planetas. Como eramos demasiados mentres os de 4ºA estabamos nesta sala os de 4ºB visitaban a sala de exposicions, e viceversa.
O que máis nos gustou foi que nos propuxeran diferentes xogos de investigación, o que nos permitiu averiguar por nós mesmos moitas cousas.
Na sala do universo puidemos manexar os diferentes ordenadores en busca de información sobre o astro que nos tocaba traballar.
Tamén na sala de exposicións tivemos que buscar distintas obras partindo dunhas pistas.
Para rematar, unha actividade relaxante no taller. Alí personalizamos un bodegón, dándolle as froitas outras formas. Neste vídeo poderedes observar o entretida que foron as actividades:
O pasado venres, 23 de outubro, ao chegar á escola notamos aos mestres e mestras moi nerviosos. Nas súas mans levaban todos uns sobres cunhas fermosas estrelas . Resultaron ser as invitacións ao aniversario de Papirus. Na misiva convidábanos ao seu Bibliocastelo para celebralo. Chamounos a atención que, na parte superior do texto da carta, onde debería poñer o lugar dende onde escribía, poñía:"Paradoiro descoñecido" Por fin chegou o martes, día sinalado para o acontecemento. Pronto puidemos saber onde se atopaba a nosa querida mascota. Prestade atención a este vídeo.
Soubemos entón que o noso "Polbiño Preferido" estaba no espazo, que o proxecto da biblio ía xirar en torno ao cosmos e que este sería o título: Despois a profe Lina, leunos un precioso conto.
"Papá, por favor, achégame a lúa"
Claudia e María convertéronse en protagonistas da historia.