
miércoles, 11 de noviembre de 2015
MAGOSTO
E por fin o "Verán de San Martiño" chegou co bo tempo. Facía anos que por mor da choiva non se viña celebrando no noso centro o tradicional magosto con xogos. Pero esta vez si!
Tocou o timbre ás 11:30 e a partir de aí todo foi diversión! Nos diferentes recunchos do patio había un xogo tradicional, dende os xogos con aros, tiro á chave, a corda, as buxainas, os zancos, pesca de chapas, xogos con carozos... e algún máis. Agradecer a Manolo Otero e a asociación pola súa colaboración e compartir con nós todos eses xogos que nos fan recordar con agarimo a nosa infancia e a dos nosos pais e avós.
Xogos que moitas veces coa chegada das novas tecnoloxías xa nin lembramos, xogos que reflicten diversión con amigos, xogos sinxelos ao alcance de calquera. Dende aquí queremos reivindicar os xogos que todos nós algunha vez xogamos de nenos, ás bólas, ás buxainas, saltar á goma, ás chapas... xogos ao aire libre que o único que precisábamos era un amigo.
Ao rematar a xornada puidemos ver como todo o alumnado marchaba cun bonito sorriso para casa. Porque na escola tamén o pasamos moi ben!
NATURNOVA
Esta vez foi a quenda dos nenos e nenas de 3º en visitar Naturnova, cunha actividade relacionada co noso proxecto anual, "A Lúa e os planetas ".Nada máis chegar ao centro marchamos no autobús dirección Vigo con moita ilusión por ser a nosa primeira saída escolar.
Como eramos demasiados, 3º A empezamos visitando a sala de exposicións e 3º B empezaba na zona do Universo. Na sala de exposicións dunha forma lúdica coñecemos diferentes pintores como Joaquín Torres García, Dalí, Lugrís, Miró e Kandinsky. Éste último encantounos e foi o motivo da nosa seguinte parada, fixemos un obradoiro onde tiñamos que facer un debuxo con figuras xeométricas,con cores, liñas rectas...ata conseguir a nosa obra de arte.
Despois dun descanso para merendar pasamos a seguinte sala do Universo. Tras unha breve explicación do noso guía puidemos indagar nos ordenadores da sala sobre o astro que escollimos. Foi moi divertido, porque sen dúbida aprender a aprender é a mellor aprendizaxe.
Para rematar a visita, mergullámonos na nosa ría nun fantástico submarino amarelo. Aprendemos un pouco máis sobre as nosas especies mariñas, incluso como se decían en latín.
E ata aquí a nosa visita! Foi unha mañá moi amena e divertida como podedes ver neste pequeno vídeo.
lunes, 9 de noviembre de 2015
INVESTIGANDO ENFERMIDADES
O pasado mércores celebrouse o día da
ciencia en galego.
A comunidade escolar
do noso centro amosa, como cada ano, o seu compromiso tanto coa nosa lingua como
coa ciencia realizando durante todo o mes diferentes actividades
científicas.
Os primeiros en
empezar foron as alumnas e os alumnos de cuarto que, tras un rigoroso traballo
de investigación sobre diversas enfermidades adicaron toda a semana a
exposición dos seus proxectos.
Así todo alumnado puido coñecer:
·
Nome común e científico
·
Historia (descubrimento, épocas de maior
virulencia, situación actual)
·
Síntomas
·
Órganos, aparatos ou sistemas aos que afecta.
·
Tratamentos para curalas ou para frear o seu
avance.
·
Consellos para previlas (hábitos saudables,
vacinas).
Álvaro e María investigaron sobre a Asma e a Obesidade.
Gabri sobre a Gripe A e Jonathan sobre a Varíola.
Iago sobre a enfermidade das Vacas Tolas e Iria sobre a Dermatite
Xandre sobre o Ébola e Jorge sobre a Diabetes.
Martiño sobre a Rubéola e Aroa sobre a Apendicite.
Noa sobre o Parkinson e Laura Corredoira sobre o Alzheimer.
Brais sobre a Hepatite e Martín sobre o Infarto.
Nerea sobre a Bronquite e Brian sobre a Artrose.
Laura Boubeta sobre a Enfermidade do Bico e Ari sobre a Cistite.
Lauar Brocos sobre a Poliomielite e Roi sobre o Sarampelo.
Espe investigou sobre o Glaucoma e Marcos sobre o Tiroidismo
Ademais Jorge, agasollou a todos cun fermoso vídeo sobre a entrevista que lle fixo a súa curmá Patricia que padece Diabetes. Grazas a esta encantadora xovenciña puidemos aprender dunha forma moi sinxela en que consiste esta enfermidade.
GRAZAS PATRICIA POR ESTE ACTO DE XENEROSIDADE!
Helena, de 4º B, tamén tivo a boísima idea de facerlle unha entrevista, a profesionais e pacientes que integran a " Asociación Parkinson" de Bueu. Novamente volvemos a agradecer a estas persoas que tan amablemente nos abren os seus corazóns para que poidamos coñecer e entender esta enfermidade que lle afecta a tantas persoas.
GRAZAS!
miércoles, 4 de noviembre de 2015
Samaín Cósmico
Co gallo do noso proxecto anual sobre o espazo, o alumnado de 3º e 4º trouxeron as súas cabazas espaciais. Cada ano son máis creativas e orixinais, había dende planetas, lúas, soles, cohetes... ata extraterrestres.
Xulgade vós mesmos, unha marabilla!
Entre todo o alumnado inventamos uns conxuros cósminos que puxemos no mural da entrada. Mirade que arrepío!!!!

3ºA |
Estrelas
fedorentas,
terroríficos
cometas,
que todos os
planetas
se convertan en
bolboretas.
3ºB |
Landras e
centeas,
ratas, ogros e
cabuxas,
Chispirín,
chispirán,
as doce bruxas
virán
polo espazo
sideral
4ºA
Sangue de
morcego do espazo sideral
cranio de lobo extraterrestre
espíritos de
marcianos macabros
esqueletos de
zombis intergalácticos
mesturados todos
nos negros buratos
que as nenas e
os nenos deste colexio
se convertan en
repugnantes ratos.
|
4ºB
Aneis de
Saturno,
tormentas de po
de Marte,
xigantescas
nubes de Venus,
gran mancha
vermella de Xúpiter,
CONVERTEDE A
MIÑA BICICLETA
NUN ASTEROIDE
QUE ME PERMITA
VIAXAR POLO
UNIVERSO INFINITO
|
PASÁMOLO XENIAL!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
Co gallo do noso proxecto anual "LerArte" , neste primeiro trimestre decidimos traballar artistas galegos. En 4ºA escollemos o pi...
-
Estivemos recolectando follas para facer un bonito candelabro. Alumnos e alumnas 4ºA con Hannah