Cada clase o fixo dun xeito:

jueves, 21 de febrero de 2019
ROSALIANDO DEREITOS
Este ano volvemos recitar a nosa escritora máis ilustre para conmemorar o día do seu nacemento.
Quixemos buscar un poema que tivera que ver cos DEREITOS HUMANOS, e a verdade que foi moi doado, porque ROSALÍA, foi unha muller loitadora que denunciou as inxustizas, como temos que seguir facendo na época actual.
o poema elixido foi: "PRA HABANA" incluído no libro CANTARES GALLEGOS.
Cada clase o fixo dun xeito:
Cada clase o fixo dun xeito:
miércoles, 20 de febrero de 2019
VENTAN AIRES DE ENTROIDO
As rutinas diarias
estanse rompendo estes días nas aulas de terceiro e cuarto, pois toca
confeccionar os disfraces e complementos.
Ademais temos que
ensaiar a canción que imos cantar o día do pasarrúas.
Este vídeo é para
poder ensaiar na casa e para familiarizarnos coa melodía:
Este outro é a versión karaoke:
sábado, 2 de febrero de 2019
UNHA VIAXE POLO PERÚ
O día da Paz, os
alumnos e alumnas de terceiro e cuarto fixemos unha viaxe imaxinaria a un país
moi fermoso , situado en América do Sur: Perú.
A través distintas fotografías, a profe Bea falounos da súa experiencia como
voluntaria dunha ONG chamada INTI.
Con esta ONG viaxou
ao Perú duas veces. Inti é unha palabra
quechua que significa sol.
Na nosa viaxe observamos como son os nenos e nenas que viven na serra
do Perú, como son as súas casas, tan
diferentes as nosas! E como lles gusta xogar coma nós a pesar de haber tantas
diferenzas.
Ademáis,admiramos as paisaxes e adentrámonos en Iquitos nunha barca que
subía polo Amazonas.
Entramos en
zona de selva no Machu Pichu e sorprendeunos a súa flora e a súa fauna
tan fermosa. Tamén o seu arte.
Ao finalizar o
percorrido, houbo un turno de preguntas moi interesantes e curiosas.
MOITÍSIMAS GRAZAS PROFE BEA!
En primeiro lugar por ser tan solidaria e en degundo lugar por ser tan xenerosa e compartirlo con nós.
viernes, 1 de febrero de 2019
DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Como en anos anteriores, comezamos a traballar a xornada da Paz e da Non Violencia preparando o gran mural da entrada:
Todas as clases tiñamos que elixir un lema no que reflectiríamos o que faciamos nos para conseguir a Paz. O plasmamos nunhas mans que logo teriamos que colocalo no mural colectivo.
Estas son as frases elixidas polo alumnado de terceiro e cuarto.
3º A : PREOCUPARSE POLAS PERSOAS QUE ESTÁN SUFRINDO.
3ºB: SOMOS DISTINTOS PERO IGUAIS NA NOSA CONVIVENCIA.
4ºA: MIRA AO TEU REDOR QUE ESTÁ CHEO DE BO HUMOR.
4ºB: TODOS OS DÍA TEMOS QUE CELEBRAR A PAZ. DER BOA PERSOAS COA XENTE QUE NOS RODEA.
O 30 de xaneiro, amenceu un día gris e moi chuvioso. Atopábamonos baixo a influencia dunha cicloxénes explosiva, que tiña por nome Gabriel. Non nos puidemos xuntar no patio cuberto co alumnado de E. Infantil, pero si que nos reunimos os de Primaria no ximnasio. alí puidemos cantar todos xuntos " QUÉROTE MÁIS" de Sonoro Maxín acompañados de linguaxe de signos e dicir en voz alta cal era o noso lema de PAZ.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
Co gallo do noso proxecto anual "LerArte" , neste primeiro trimestre decidimos traballar artistas galegos. En 4ºA escollemos o pi...
-
Estivemos recolectando follas para facer un bonito candelabro. Alumnos e alumnas 4ºA con Hannah