Por fin chegou o día! os primeiros en probalo foron os do segundo ciclo aproveitando que os maiores estaban de viaxe por terras de fallas e laranxas e os pequenos en clase. O primeiro foi unha visita guiada polas distintas dependencias: vestiarios separados para nenos e nenas todo un luxo, despacho do profe coa súa propia ducha, sala de material todo ben colocadiño e arranxadiño e para rematar a figura estrela do percorrido, O XIMNASIO. Chan de vinilo, calefacción con dobre sistema (paneis convectores e aerotermo eléctrico), luz natural, ventilación por extracción, paneis solares para a auga quente, o respeto o medio ambiente ante todo... Adeus ás pingueiras, aos radiadores estorbo, ás columnas tropezón-chichón, ás temperaturas baixo cero, ao chan encharcado esvarón e moratón. Gozaron del como se fosen ananos. A ESPERA FOI MERECIDA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario