Os nenos e nenas de terceiro tras reflexionar comprobamos que:
- Que son fungos
- Que algúns son velenosos
- Que algíns son comestibles
- Que teñen diferentes cores, formas e tamaños
QUEREMOS SABER
- Cales son venosos
- Cales son comestibles
Tras ver un power point que nos deixaron os nosos compañeiros de primeiro, Xabier Escribano, papá de Icía atreveuse a vir ao cole para contarnos o que el sabía e así continuar coa nosa investigación.
Así o pasado venres, 12 de novembro, Xabier empezou falándonos das amanitas. Esta especie de cogomelos caracterízase por ter uns aneis con frecos e por ter unha textura aterciopelada. Dentro delas hai diferentes tipos:
- Amanita Pantherina: De cor branca. É tóxica, produce alucinacións e pode ser mortal.
- Amanita Muscaria: Vermella e branca. É tóxica, produce alucunacións. En algúns lugares lle chaman escornabois, pois volven tolas ás vacas. Xa sabedes que estas son as casiñas dos trasnos.
- Amanita Phalloides: Verde . É velenosa e a súa inxesta produce a morte.
- Amanita Verna: Branca. Tamén é mortal.
- Amanita Rubescéns. Laranxa. É comestible e moi rica. Chámanlle tamén amanita caesaris e ovo de rei.
O papá de Icía tamén nos falou dos Inocybes, especie de cogomelos tamén moi tóxico e que tamén pode chegar a ser mortal.
Xabier emocionouse máis cando nos falou das macrolepiotas. Esta especie comestible, tamén chamada zarrotes, a hai moito na súa terra natal, Chantada. Contounos que a súa avoa as preparaba dunha forma sinxela, sacándolle a pel, e botándoa cunha areíñas de sal sobre a cociña de ferro.
Xabier insistiunos moito en que nunca debemos coller cogomelos sen a presenza dun experto.
A VER SE SODES CAPACES DE DISTINGUIR ESTOS COGOMELOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario