Despois dunhas merecidas vacacións de Nadal, tocou regresar outra vez ás aulas. E sen dúbida a mellor maneira de empezar o segundo trimestre, foi indo de excursión ao Museo do Mar de Vigo. Unha vez alí participamos en dous obradoiros, a 3º A tocounos mergullarnos no fondo mariño e a 3ºB descubrir as tradicións mariñeiras.
Aprendemos moito sobre o mar e o seu entorno dunha forma moi dinámica e divertida. Estivemos visitando o pequeno pero fascinante acuario con peixes da nosa ría, así como tamén puidemos observar o esquelete dun cachalote.
Ao día seguinte tocounos aos de cuarto.
Esta vez, mentres os de 4ºA percorrimos o museo para coñecer diferentes tipos de embarcacións, artes de pesca ou formas de conservar o peixe, os de 4ºB fomos coñecer o fondo mariño. Pasámolo xenial sendo os protagonistas das diferentes actividades que nos propoñían os monitores.
Igual que o fixeron os nosos compañeiros e compañeiras de terceiro o día anterior, quedamos abraiados polo impresionante esqueleto de cachalote e gozamos no acuario descubrindo xurelos, fanecas, lenguados, rodaballos e ata algunha pequena quenlla.
O día non nos puido saír mellor pois, ao saír do museo, o sol brillaba con forza, así que fomos merendar ao paseo da praia de Samil.
Así da gusto comezar!
![]() |
No fondo mariño. 3º A |
![]() |
3º A |
![]() |
Vendo o esqueleto do cachalote. 3º B |
No hay comentarios:
Publicar un comentario