Este xoves, 30 de xaneiro, celebramos, un ano máis, o Día da Paz no noso centro.
Como non podía ser doutra maneira, este ano lembramos a Nelson Madela, recentemente falecido. Nas titorías pasáronse diferentes vídeos da súa impresionante vida e traballáronse esas frases, convertidas xa en sentenzas, que el, en diferentes etapas da súa vida pronunciou e que están cheas de sabiduría, xustiza e bondade. Estas frases foron expostas nun vistoso mural no vestíbulo do cole.
"A educación é a arma máis potente para cambiar o mundo"
" A maior gloria non é nunca caer, senón erguerse sempre"
" Gústanme os amigos que teñen pensamentos independentes, porque adoitan facerche ver os problemas dende todos os ángulos"
"A arma máis potente non é a violencia, senón falar coa xente"
"Debemos situar a erradicación da pobreza no primeiro lugar das prioridades mundiais.

No patio cantamos dúas cancións:
- "Mandela Day" de Simple Minds
- "Campás pola Paz"de Pan de Millo.
Pero isto non foi todo, tivemos unha gran sorpresa!
O alumnado da Asociación Juán XXIII de Cangas deleitáronnos cunha marabillosa obra de teatro:
"O CIRCO DOS ESQUECIDOS"
Foi unha obra cargada de tenrura e profesionalidade. Unha preciosa metámofora que nos fai reflexionar que, polo xeral, esquecémonos que hai persoas diferentes das que temos moitísimo que aprender.Grazas por compartirla con nós. Agora sabemos que todo o mundo é CAPAZ de facer algo bo.
O noso alumnado tamén quixéronvos agasallar cun colar do símbolo da Paz feito con plastilina.
Aquí vos deixamos toda a obra de teatro para que disfrutes tanto como nós.
Grazas pola visita, encantounos artistas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario