
domingo, 23 de marzo de 2014
VISITA DE ANA ALONSO
Este xoves 20 de marzo tivemos unha visita moi especial no noso centro, Ana Alonso.
Os nenos e nenas de 3ºA e 3ºB estivemos lendo estas últimas semanas o seu libro " El país de los cuentos". Encantounos!
Falounos un pouco da súa infancia. Dende moi pequena encantáballe ler e a súa avoa inventaba moitos moitos contos que a ela lle fascinaban. Por iso a protagonista da nosa historia, Clara viaxaba coa súa avoa Esther ó país dos contos. A súa avoa sempre xogou un papel moi importante ao longo da súa vida.
Contounos que empezou a escribir en 5º de Educación Primaria para a revista do seu colexio, e gustoulle tanto a experiencia que nunca máis deixou de escribir. Anos máis tarde gañaría o seu primeiro premio con 19 anos nun concurso de poesía. E así sucederónse moitos máis ata facer realidade o seu soño, ser escritora.
O que máis nos gustou do seu libro foi a imaxinación dos personaxes, dos lugares tan máxicos e sorprendentes. Animounos a ler, a inventar historias con palabras de sinónimos ou simplemente con parellas de nomes. Porque no mundo real o máis valioso é sin dúbida a IMAXINACIÓN.
Moitas grazas Ana!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
Co gallo do noso proxecto anual "LerArte" , neste primeiro trimestre decidimos traballar artistas galegos. En 4ºA escollemos o pi...
-
Estivemos recolectando follas para facer un bonito candelabro. Alumnos e alumnas 4ºA con Hannah
No hay comentarios:
Publicar un comentario