domingo, 15 de febrero de 2015

A ARTE DE CONSTRUÍR A PAZ

Como cada 30 de xaneiro no CEIP "A Pedra" celebramos por todo o alto o día da paz.
 Este ano, non podía ser doutra maneira, foi unha celebración moi artística. 
Ao alumnado do 2º ciclo tocounos facer o mural da entrada e...  Coas nosas caras fixemos un precioso cadro emulando aos POP ART de ANDY WARHOL.
Este foi o resultado
3ºA
3ºB
4º A
4ºB
Traballamos os días previos á celebración do día da paz, todas as aulas do centro, palabras relacionadas coa paz na que estaba incluída a palabra PAZ, coas que tivemos que elaborar uns pequeno texto para ser lidos.
Este foi oresultado:

"Queremos namorARTE cando saibas que nos alegramos dos teus éxitos, que nos afliximos se ti sufres, porque nos gusta o teu sorriso amable, doce, sincero, cariñoso, namóranos a túa mirada boa, limpa, tenra e despexada."




"Eu quero lembrARTE con cariño para que te sintas feliz, pola túa intelixencia e paciencia para solucionar os teus problemas, pola túa xenerosidade para que te sintas ben, porque sempre me sentín acompañado por ti."
"Queremos emocionARTE cando nos das un sorriso, cando nos les algo bonito, acndo nos das aloumiños con moitos biquiños. Queremos emocionARTE porque da nosa vida formas parte. coas nosas delicias de pinturas de arte"

"Queremos consolARTE cando estés disgustado e triste, cando non teñas plalbras e ideas para expresar o que estás sentindo. Queremos consolARTE sempre."


No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...