jueves, 8 de febrero de 2018

VISITA DE GONZALO MOURE

Resultado de imagen de palabras de caramelo
Este é o libro que nos namorou este curso a todo o alumnado de cuarto. A historia de kori e o seu cameliño Caramelo chegounos directamente o corazón e miles de emocións desbordáronse sen control. 
O culpable de que isto sucedese chámase GONZALO MOURE, autor deste preciosa historia ambientada nun campo de refuxiados no deserto do Sahara.
Pois ben, o pasado mércores, 7 de febreiro, tivemos a sorte de que el, en persoa, viñera ao noso cole.



Falounos do seu amor polo pobo saharaui. Contounos como unha pequena nena xorda, chamada Fatimetsu, foi a fonte de inspiración para escribir este fermoso libro. Respondeu a canta pregunta lle fixemos, satisfacendo a nosa curiosidade e finalmente asinou os exemplares da novela, que, ben podedes ter por  certo, gardaremos, con todo agarimo, nos andeis das nosas casas.
Mediante as instantáneas colocadas no vídeo poderedes observar como transcorreu a xornada. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

MONUMENTOS E LUGARES DE INTERESE TURÍSTICO DE ESPAÑA

O alumnado de 4ºA está, neste trimestre, inmerso nun proxecto de xeografía. Esta presentación é un bo recurso para repasar lugares de Esp...