
viernes, 7 de junio de 2019
O MISTERIO DAS BADALADAS
O pasado luns, o alumnado de 4º recibiu o animador Benxamín da editorial Anaya, para falar sobre o libro que estivemos lendo de Xabier P. Docampo, O Misterio Das Badaladas.
Comentounos a importancia que tiñan nos pobos, hai uns anos, as badaladas das campás das igrexas, xa que se empregaban para dar moita información do que pasaba no lugar.
Benxamín foi contando o argumento realizando diferentes xogos en pequenos grupos. Todos os demáis tiñamos que adiviñar a que parte do libro pertencía esa representación. Tamén fixo un xogo de palabras para aprender o vocabulario novo do libro.
En xeral, gustou moi o libro e imaxinamos distintos finais para o libro.
Para rematar, contou un conto curto onde os nenos e nenas interactuaron. Antes de marchar, Benxamín debuxou á nosa compañeira Mariña.
Moitas grazas Benxamín!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
Co gallo do noso proxecto anual "LerArte" , neste primeiro trimestre decidimos traballar artistas galegos. En 4ºA escollemos o pi...
-
Estivemos recolectando follas para facer un bonito candelabro. Alumnos e alumnas 4ºA con Hannah
No hay comentarios:
Publicar un comentario