sábado, 18 de mayo de 2019

CONTACONTOS EN FAMILIAS



O equipo do bibliocastelo fíxonos unha suxestión para levar a cabo entre o día do libro, 23 de abril e o día das letras galegas, 17 de maio, pra que as nosas familias acudisen ao cole a contarnos contos á hora de ler.
A  resposta foi espectacular: 
O primeiro valente foi Luís, tío de María Otero, de 3ºB que nos contou encantado " OS MÚSICOS DE BREMEN".
A seguinte en vir foi Paula, mamá de Pedro de 3ºA que nos relatou "MONSTRUOS"
, deixámdonos todos intrigados porque non nos quixo contar o final, pero que nos deixou o libro en clase para que o poidéramos acabar soíños.
Tocoulle o turno despois á familia de Aroa de 3º B. Acudiron a súa mamá Olalla e o seu papi Marc. Un luxazo porque ela é unha experta contacontos e el un afamado ilustrador. Versionaron  "O BOSQUE"  dun xeito inmellorable. 

A seguinte foi Beti, nai de André e Xoel, que se amosaron orgullosísimos mentres a súa mamá contaba "LAS DOS ARDILLAS".
Veu, logo Silvia, mamá de Blanca de 3ºA, pero non veu soa pois a acompañaba Laura, a irmá pequena. Silvia traía unha gran sorpresa sobre todo para Blanca, pois o libro elixido foi "O LIBRO DA SÚA VIDA" ,  elaborado polos seus pais cando só tiña catro aniños. Asemade nos contou unha preciosa historia de superación chamada "EL NIÑO QUE PUDO HACERLO".

Noemi, mamá de Natán de 3ºB mantivo a nosa atención totalmente centrada mentres nos contaba maxistralmente:  "A NOITE DAS MUDANZAS".
Bibi, a mamá de Iria de 3ºB, sacounos moitas gargalldas mentres nos contaba "A VACA QUE PUXO UN OVO".
O bibliocastelo foi o lugar elixido por Eva, a mamá de Manuel de 3ºA, para contarnos" CHIVOS CHIVÓNS ". Eva revelouse como toda unha experta contacontos, pois era quen de cambiar as voces dos personaxes dos contos como unha auténtica profesional.
A penúltima protagonista foi Lydia, e o fixo léndonos o primeiro capítulo de MELOWY., o libro preferido de Helena, alumna de 3ºA. Todos lle pidimos que nos lera máis, pois nos encantou, pero Lydia en vez de facernos caso nos deixou o libro na clase para que todos o poidamos ler.


Cando xa pensabamos que non teriamos máis contacontos en familias, ofrecéronse  a vir Jaime, o superavó de Raúl, e Diego o seu  tío.
Jaime faloulle da importancia da educación e de que aproveiten todo o que a escola lles ofrecía.
Diego veu lerlles un libro que a el lle gustou moito cando estaba no cole. Só lle contou o primeiro capítulo pero deixou ao nenos e nenas tan intrigados que todos o querían levar para continuar  a lectura.

Resultado de imagen de la casa del arbol libro
Ao final Diego repartiu un chupachús para cada un! Que sorte!


MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...